Header Image

LUAR NA LUBRE

Galicia

O emblemático grupo galego Luar Na Lubre presenta o seu traballoo ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’, un álbum con historias e lendas dos peregríns que percorreron os diferentes camiños que levaban a Santiago, así como as súas derivacións hacia Fisterra e Muxía, nos confíns da terra.

O grupo máis internacional do folk en Galicia pon banda sonora ao Camiño de Santiago, a través dos temas que conforman este traballo, que combina creacións propias, con sonoridades dos sendeiros e lugares do itinerario xacobeo, coma o son dun temporal, os ríos, o vento, as aves rapaces, as campás en Cebreiros ou unha misa en Muxía.

Luar Na Lubre vendeu máis de 350.000 exemplares, recibiu dous Discos de Ouro, 9 Premios da Música e outros recoñecementos, dentro e fóra de Galicia. Nos seus máis de 35 anos de traxectoria, o grupo ofreceu máis de 1.500 concertos en máis de 35 países, onde participaron en festivais destacados na música folk, nos que actuaron xunto a artistas internacionais, como Mike Oldfield, The Waterboys, o lendario grupo The Corrs ou Bob Geldof, e conta coas colaboracións de Pablo Milanés e Lila Downs, e españois como Víctor Manuel, Miguel Ríos, Luz Casal, Kepa Junkera, Pedro Guerra, Ismael Serrano e Diana Navarro, entre outros.

Luar Na Lubre, que significa o ‘resplandor da lúa no lugar sagrado dos celtas’, foi fundado na cidade da Coruña coa vocación de desenvolver e dar a coñecer a música e a cultura galegas. Cun repertorio baseado fundamentalmente en músicas de raíces galegas, é actualmente a banda máis internacional de Galicia, que actuou ante o público de máis de 35 países do mundo.

O grupo está formado por Bieito Romero (gaitas, acordeón, zanfona), Irma Macías (voz), Nuria Naya (violín), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor), Pedro Valero (guitarra acústica), Xavier Ferreiro (percusión latina, efectos), Xan Cerqueiro (frautas) e Brais Maceiras (acordeón).

O disco ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’, o álbum número 19 da formación galega, conta coa colaboración especial do cantante Miguel Ríos, que interpreta a canción ‘Benvido’, que canta en idioma galego, un tema para lles dar a benvida a todos os peregríns.

O disco recolle ademais o tema ‘Dum Pater familias’, o canto máis antigo de peregríns a Compostela, que aparece recollido no Códice Calixtino, e ‘Martiros e o vákner’ recupera unha das lendas vinculadas ao final do Camiño de Santiago, nas terras de Muxía e Fisterra, que se inspira na viaxe que o vispo armenio Mártiros de Arzendjan realizou, no século XV, a Compostela. Durante o seu percorrido, despois de recibir a bendición do apóstolo en Santiago, o armenio atopouse, nos montes de Dumbría, cunha bestia maligna e de grande tamaño, á que chamou vákner. Tamén recupera a lenda de Dugium, a cidade anegada, ao tempo que achega algunhas das sonoridades propias da ruta xacobea, como son os corvos da Ulloa ou as gaivotas do mar de Fisterra.

Anos participación
Festival:
  • 2005
  • 2011
  • 2021
  • 2022