Cargando...
Definíronos como o dream team da música irlandesa. E é que este quinteto instrumental, creado en 1997, integra aos mellores virtuosos da escena tradicional de súa nación.

O seu éxito, fulgurante desde o principio, basease na redefinición da música irlandesa, acudindo directamente ao corazón dos ritmos. Isto contribúe a que o seu son enérxico teña reminiscencias doutros estilos, moi especialmente do rock do que proceden varios dos seus membros. En Lunasa conflúen de maneira singular o violín, a frauta e o whistle co baixo e a guitarra acústica.

Acodiron por primeira vez a Ortigueira dispostos a entregarse nun directo efervescente no que non faltarán os temas do seu último traballo, The kinnitty sesions. Se o 2004 foi o ano de The Chiefatins, este foi o deles.

NULL