Cargando...

Un agasallo en forma de primicia. A banda liderada polo gaiteiro e compositor Pepe Vaamonde e polo guitarrista e adaptador Pipo Refojo prepara para a súa segunda visita a Ortigueira un concerto especial. Nel, ademais dun repaso aos temas máis coñecidos dos seus, ata agora, tres traballos discográficos ("Aviouga", "Onde nace o vento" e "Introterra"), estrearán un adianto de "Lume", novo disco co que pecharán a tetraloxía dedicada aos elementos naturais. 

Carne de directo, a banda, xurdida fai xa doce anos e rodados en mil e un festivais, anuncian un espectáculo para disfrutar ao máximo, con melodías pensadas para facer gozar un público ávido de festa e desexoso de bailar co máis potente e desenfreado do seu repertorio.