Aquí podes consultar o programa de man con toda a información práctica do festival e recomendacións, especialmente para zona de acampada. Na zona de Morouzos encóntrase a zona de acampada e de lecer do Festival. Está dotada de duchas e aseos e dispón de zona de restauración.
A ZONA DE ACAMPADA É EXCLUSIVAMENTE A ZONA DO EUCALIPTAL, e está sinalada.
Dispón de transporte urbano desde o casco urbano ao prezo de 1 euro/traxecto.
O RESTO DE ZONA DUNAR E PIÑEIRAL ESTÁ PROTEXIDA E NON SE PODE ACAMPAR. Existen carteis indicadores.
Toda a zona de descanso e acampada está situada nunha zona protexida con alto valor ecolóxico que debemos protexer entre todos. Por esa razón, e moi importante:
- EVITAR PISAR AS DUNAS
- UTILIZAR AS PAPELEIRAS E CONTEDORES
- NON FACER LUME
- NON ACAMPAR NO AREAL E NO PIÑEIRAL
- NON MALGASTAR A AUGA
- DEIXA NA CASA OS ANIMAIS DOMÉSTICOS
- RESPECTA A NATUREZA
- COIDA O TEU CONTORNO PARA TER UN FESTIVAL INESQUECIBLE
Vémonos en #Ortigueira2018!