Os xaponeses Yuki Kojima Band, os galegos Dequenvessendo e os murcianos Túa, finalistas do Proxecto Runas 2019. Actuarán en Ortigueira o 11 de xullo, cada grupo percibirá ademais 1.500 € e terá a posibilidade de actuar en 2020.
A Comisión de selección para os finalistas do Proxecto Runas 2019, unha vez analizados os grupos finalistas, a súa música, afinación, son, afinidade co Festival, determinou que os tres grupos que deben pasar á final son os seguintes: 1º YUKI KOJIMA BAND – Xapón, 2º DEQUENVESSENDO – Galicia, 3º TÚA – Murcia.
Sumáronse as votacións correspondentes a cada un dos membros do xurado, ás da páxina web e as correspondentes á presenza feminina nas formacións, segundo establecen as bases da convocatoria. As ditas puntuacións poden verse no documento adxunto.
Normas das votacións que se tiveron en conta para a puntuación final
– cada un dos xurados votou a seis grupos da listaxe, con 10, 8, 6, 4, 3 e 2 puntos sen poder repetir puntuacións.
– as votacións da web aplicaron o mesmo criterio segundo o número de votos recibidos.
– a presenza feminina foi aplicada en puntuación de 10 a 1 segundo figura nas bases, dando igual puntuación a aquelas bandas con igual porcentaxe de participación feminina.
A comisión de selección dos finalistas do Proxecto Runas 2019 estivo formada por:
– Bruno Lozano Novas, licenciado en música tradicional por la Universidad de Vigo, músico y gaiteiro y presidente de la Escola de Gaitas de Ortigueira-

– Elisardo de la Cruz, director creativo de Empatía Comunicación y especialista en comunicación de marca.
Licenciado en Publicidad y Relaciones públicas, es co-fundador y miembro de la directiva de la Asociación Creatividade Galega, colaborador del departamento de prensa de festivales como el de Ortigueira o Arzúa, miembro del Real Coro Toxos e Froles de Ferrol y de la Escuela Municipal de Teatro de Narón.
– Victor Belho, Gestor cultural, productor de ideas, y fundador de Nordesía Producións
Máster Superior en Gestión Cultural, Música Teatro y Danza por la Universidade Complutense de Madrid. Promotor, manager, productor, xestor cultural y consultor, desarrolla una buena parte do su trabajo actual en los mercados internacionáles de la música :WOMEX, Music Export Offices, music Exchange, music cities…Fundador y promotor de Nordesía Produccións, y Casa das Crechas (Santiago de Compostela) …y de iniciativas asociativas como A.C. Cidade Vella en Compostela; es membro da EFWMF (European Forum of Worldwide Music Festivals)
Como director artístico y promotor es responsable del branding, conceptualización y producción de eventos y festiváles como Festival Folk Cidade Vella, Cantos na Maré, Sons da Diversidade, Festival dos Abrazos, MACC, Festa dos Mundos, Terra da Fraternidade…
– Alberto Balboa Rodríguez, Coordinador y Director del Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Os tres grupos actuarán no escenario Estrella Galicia do Festival o xoves 11 de xullo e percibirán un caché de 1.500 euros. O xurado estará presente nos concertos para emitir o seu voto. O grupo vencedor actuará tamén en 2020, por cuxa actuación recibirá un caché de 3.000 euros. O fallo do xurado darase a coñecer publicamente durante o festival, nos medios de comunicación e directamente aos grupos, ademais da páxina web e redes sociais.

+INFO: https://festivaldeortigueira.com/gl/runas

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…