
Xa está aberto ata o 19 de xuño o primeiro prazo de solicitude de pases de vehículos para acceder ao casco urbano durante as datas do Festival.
Do 10 ao 15 de xullo quedará restrinxida a circulación desde a Avenida da Escola de Gaitas en dirección á Avenida das Pontes, Eugenio López, Xosé Buide, Avenida Juan Luis Pía, Luama e acceso a Laxás.
Ademais, prohibirase o aparcamento na rúa Francisco Santiago por razóns de seguridade. Só poderán acceder a estas zonas os vehículos que teñan o pase facilitado polo Concello.
Os residentes con domicilio dentro da zona restrinxida e que dispuxeron de pase en 2018, non deben solicitalo de novo, agás por cambio de vehículo ou domicilio.
Podes descargar a continuación as solicitudes de pase e de cambio de matrícula.