1.- A vosa escola intenta romper cos estereotipos no baile irlandés, pois non todos saben que hai outros tipos de baile, ademais do tradicional chamado ‘feis’. Que diferenzas podemos ver no baile de festival?
O baile de festival irlandés é máis expresivo na música e ten máis arte. Moita xente di que é a forma tradicional do baile irlandés.
2.- Unha vez actuáchedes nun programa galego, “Luar”, bailando cun grupo de música tradicional galega. É esta unha das múltiples probas da conexión entre as nacións celtas?
Totalmente, estamos todos conectados.
3.- O claim deste ano do festival é “Oito nacións, unha cultura”. Que credes que vos une ao resto de nacións celtas?
Nós somos coma un corpo e o noso sangue é a nosa música e o noso baile.
4.- Vós xa sodes veteranos no festival, o cal marcou un antes e un despois para o grupo. Cal é o voso mellor recordo do voso paso polo festival?
Moitos grandes recordos e moito amor. A primeira vez que vin o escenario na nosa primeira actuación no 2005 permanecerá comigo para sempre.
5.- E finalmente, que pode o público de Ortigueira esperar este ano da vosa actuación? E que esperades vós deles?
O público recibirá moita enerxía e amor dende o escenario do noso baile e música. Queremos que eles tamén nolo transmitan!!