1.- Que significa para vós o ter fans do nivel do Príncipe Carlos ou Nelson Mandela?

Durante os últimos 30 anos fomos moi afortunados por conseguir invitacións para tocar ao redor de todo o mundo e para moita xente marabillosa, todos diferentes, e ademais cun montón de cousas en común. Unha das cousas que moita xente ten en común é o gozo da música e o baile, e este deleite é máis grande que ningunha diferenza no entorno ou na cultura. Rico ou pobre, vello ou novo, todos somos Shooglers!

2.- O primeiro éxito discográfico  do grupo, “Venus in Tweeds”, foi revolucionario por saltarse todas as normas establecidas na música tradicional escocesa. Como valorades o renovar a música tradicional, e adaptala aos novos tempos?

Nós cremos que cada xeración renova e rexuvenece as súas respectivas tradicións, é emocionante xusto agora escoitar que isto está ocorrendo a nivel mundial con música de África, Asia e India e de máis alá.

Cando nós lanzamos “Venus in Tweeds”, non eramos particularmente conscientes de ningunhas normas, e non nos vimos a nós mesmos como uns rebeldes. O que quizais logramos co noso debut foi dicir que a música “tradicional” escocesa e a instrumentación podían ser tan dinámicas, emocionantes e divertidas como a cultura do clube e o baile contemporáneo do momento. A complexidade dos jigs e dos reels (bailes) desfíante a bailar e a ter un bo ritmo.

Temos un profundo respecto por eses que estiveron antes, e trouxeron elementos desta cultura para a nosa música. Isto trouxo unha nova e moza audiencia que descubriría a riqueza da nosa herdanza.

Continuamos a facer isto mentres sempre aprendiamos que a riqueza e a variedade da música tradicional, de onde queira que poda vir, é case infinita ademais de ter grandes cousas en común. Nós experimentamos isto dende Cuba ata Borneo, e dende as altas terras de Escocia ata Rajashtan.

A nosa música está sempre evolucionando e foi realmente inspirador ver novas xeracións de músicos e audiencias na casa tendo máis e máis orgullo da súa herdanza musical, continuando a evolucionar, improvisar e inventar desafiando a homoxeneización.

A escena da música celta en Escocia nunca foi más forte con tantos emocionantes e virtuosos instrumentistas, cantantes e grupos. É posible ter gran orgullo pola túa tradición, sexa tocando a gaita, o violín ou cantando, ademais de continuar a renovar e traer novos estilos e clásicos á mesa.

3.- Vedes a influencia da música tradicional nas novas xeracións?

Si. En Escocia houbo un gran rexurdimento da música tradicional nos últimos 20-30 anos, e un aumento significativo de brillantes músicos mozos. Unha gran influencia é o movemento Feis, unha organización en toda Escocia para xente de tódalas idades, e outras organizacións como o Centro Nacional de Excelencia na escola de Música Tradicional en Plockton. Os estudantes van aos cursos residenciais, comezan novas amizades e comparten o amor pola música tradicional. A escena da música trad é moi vibrante e emocionante, a influencia de Shooglenifty non pode ser ignorada.

Pode ser vista nos arranxos, aproximacións e instrumentación das creacións de hoxe en día das bandas máis novas.

Shooglenifty e algún dos seus contemporáneos nos anos 90 abriron o camiño para a seguinte xeración, mostrando por exemplo canta liberdade hai en experimentar.

4.- Que representa para vós o lema deste ano, #OitoNaciónsUnhaCultura?    

En Galicia, Asturias, País Vasco, Bretaña francesa, Cornwall, Illa de Man, Irlanda e Escocia, estamos interconectados para sempre a través da nosa incríbel cultura celta. Pertencemos a unha marabillosa irmá maior e irmandade e somos parte da mesma brillante familia. Somos parentes. Cada membro da familia coa súa única e vibrante tradición e lingua. Estamos constantemente intrigados por cada un deles, identificando as moitas similitudes que compartimos, particularmente na nosa música, e sempre queremos saber máis. Buscámonos nos festivais sen darnos conta, compartindo o mesmo humor e botamos unas risas xuntos máis que con ningunha outra cultura. Somos afortunados.

Neste tempo de homoxeneización a través do mundo, é de crucial importancia celebrar, preservar e premiar todo da nosa cultura e tradicións. Precisamos pasalas aos nosos fillos, falar as nosa linguas, ler a nosa poesía, escoitar e cantar as nosas cancións, bailar cos nosos bailes, e contar as nosas historias, practicando as nosas tradicións, e manténdoas enérxicas, vivas e en crecemento. Necesitamos compartir o noso amor pola nosa cultura cos nosos pequenos, de forma que eles tamén o leven nos seus corazóns, e ter este sentimento de pertenza. Necesitamos presentalos á súa gran familia celta, para que poidan ver o únicos e importantes que son. Así que visitémonos máis a miúdo, compartamos máis música e tempo xuntos, e animémonos a ser valentes, para que cada nación poida continuar a estar segura do seu lugar especial no mundo.

5.- Vós xa estivéchedes en 3 ocasións no festival. Que pode esperar o público de Ortigueira de novo da vosa actuación? E que esperades vós do público de Ortigueira?

Si, e moi memorables ocasións cada unha delas. A audiencia pode esperar a mesma alta enerxía e  pegadizos ritmos dende a banda, reforzado polo noso novo violinista Eilidh Shaw. Levou algún tempo adaptarse á perda de Angus, pero Eilidh encaixa coma unha luva. Dende a última vez que tocamos no festival colaboramos con músicos de Rajashthan, como Dhun Dora e a banda galega Tanxugueiras, así que tocaremos algo dese novo material con algunhas cousas novas e números aínda sen gravar. Non é o noso lugar para ter expectativas da audiencia pero sorprenderíanos se   non “shooglearan” nin un pouco!

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…