Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia de Ortigueira.
Ross Ainslie (gaitas, wishtle, cittern) é un dos mellores músicos e compositores tradicionais de Escocia. Ademais, é un aclamado solista e prolífico colaborador cunha laonga lista de premios e nominacións de alto perfil xa desde 2005, incluídos os de Compositor do ano e Instrumentalista do ano dos Premios da música tradicional escocesa (2015) máis o de Álbum do año (2016).
Tim Edey (guitarra, melodeón) é brillante, en todos os sentidos. Como guitarrista ten poucos compañeiros. Como acordeonista, é un mago. Como personaxe está fora de escala (Colin Irwin, fRoots).
As entradas pódense adquirir online por anticipado desde o luns 3 no enderezo electrónico teatro@festivaldeortigueira.com, ou presencialmente desde o luns 10 ao venres 14 de febreiro nas oficinas de Cultura do Concello, de 11 a 13 h, e o mesmo día do concerto desde as 19 h. O prezo é de 4,50 euros.
Vídeo Ross Ainslie & Tim Edey: https://youtu.be/_OeOamcLnp8