Tras varias reunións e avaliar todos os posibles escenarios, a organización decidiu non celebrar a edición deste ano e centrar os seus recursos en paliar os efectos da crise sanitaria no tecido social e empresarial da comarca. 

Ante a situación de dificultade e incerteza á que se enfronta a poboación mundial, as previsións de prolongación de medidas e a imposibilidade de garantir a seguridade dos asistentes a día de hoxe, a organización do Festival, moi ao seu pesar, confirmou a decisión de non celebrar o Festival deste ano. No seu lugar, o investimento previsto para esta edición dedicarase a combater a emerxencia social, económica e sanitaria da comarca, e os esforzos organizativos centraranse en preparar un 2021 que compense a espera con varias novidades, entre as que destaca a ampliación nunha xornada dos concertos do escenario principal, que iniciarán a súa actividade o mércores, en lugar do xoves.

En palabras do alcalde, Juan Muras “Despois de diferentes reunións en marzo e abril entre o Concello e os diversos axentes implicados de organización, coordinación e seguridade, o Concello, e a pesar de que as autoridades estatais aínda non tomaron decisións en firme e moitos outros festivais manteñen as súas datas; tras a última reunión celebrada tomamos a decisión de non celebrar esta edición, tres meses antes do seu inicio, e adiantarnos antes de incorrer en ningún gasto que nos impedise dedicar os seus recursos ao que agora é verdadeiramente importante, a loita contra os efectos que a emerxencia sanitaria provocará naqueles colectivos máis sensible. Por iso, todos os recursos dispoñibles para o Festival (excluindo as subvencións e patrocinios vinculados á súa celebración) orientaranse a reforzar esta loita.

Este virus ataca o espírito mesmo da filosofía do Festival internacional do Mundo Celta de Ortigueira. O noso non é un evento no que se poidan gardar as distancias, é un festival de compartir, de estar xuntos. Tras estudar todos os escenarios posibles, a responsabilidade dinos que habemos de continuar centrados na loita para que o Coronavirus afecte o menos posible aos que nos rodean. E para iso calquera axuda é fundamental. Así, antes de incorrer en ningún gasto que impedise unha máis eficiente dedicación dos recursos, decidimos destinar todo o orzamento dispoñible do Festival por parte do Concello a paliar os devastadores efectos desta pandemia en hostalaría, pequena e mediana empresa, así como emerxencia social.

Este espírito é o que nos leva a empezar a organizar o 2021 con máis ganas aínda. Haberá moitas novidades que iremos comunicando en próximas datas, pero podemos avanzar que se ampliarán os concertos no noso escenario principal un día máis, pasando de catro a cinco días e comezando o mércores en lugar do xoves. Tamén podemos avanzar que a data xa foi fixada. O próximo Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira terá lugar do mércores 14 ao domingo 18 de xullo de 2021.

En palabras de Ángel Lozano, concelleiro de deportes e festival, “O festival é sen dúbida o evento máis importante que se celebra en Ortigueira, non só pola súa proxección internacional, senón tamén polos centos de miles de euros que deixa na nosa comarca; ademais da alegría coa que miles de visitantes repiten ano tras ano a súa visita, e da ilusión coa que todos os habitantes envórcanse para facer desa semana un momento de unión, de cultura, de música, de todos estes valores que durante estes 42 anos fixeron de Ortigueira un referente dentro do panorama musical mundial da cultura Celta. Por iso a decisión sobre a súa celebración, aprazamento, ou cancelación, houbo de ser tomada só cando estivemos seguros de que non era viable.

Levamos semanas traballando con rigor, creamos unha Comisión de seguimento onde estamos toda a organización, GES, policía local, servizos do Concello, coordinación, etc. Estamos en contacto diario e reunímonos xa virtualmente en varias ocasións, desde o anuncio do estado de alarma, analizando os diferentes escenarios futuros. Temos as listas, datas e características de cada festival, tanto públicos como privados, caso por caso, a partir de diferentes fontes, sobre a situación do sector na que coma nós, outros grandes festivais europeos estanse a replantexar a súa viabilidade.

Alberto Balboa, coordinador do evento, expresa que “Estivemos en contacto continuo cos implicados na celebración do Festival: artistas, mánagers, colaboradores, patrocinadores e empresas vinculadas ao evento, contemplando todos os prazos, variables e consecuencias dos nosos actos, tendo como prioridade a saúde e os intereses dos orteganos e do resto de asistentes.

En 2021 manterase o cartel artístico previsto, coa presenza das principais cabezas de cartel e haberá varias novidades. Unha importante será que se ampliará un día, e o festival comezará xa o mércores, que será un día dedicado a fomentar a presenza dos novos valores da música Celta mundial, gañando en entidade. Este feito afonda no noso firme compromiso coa cultura e os novos talentos da música folk. Deste xeito crearemos o “Día Runas” no que actuarán seis bandas, os tres finalistas de 2020 e os tres de 2021”

Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers primeiras confirmacións para #Ortigueira2022

Feb 16, 2022

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como…

DEIXOUNOS O GRAN PADDY MOLONEY

Out 15, 2021

O pasado luns 11 de octubre foi un día triste para tod@s @s amantes da música en xeral e para nós en particular. Foise o mestre Paddy Moloney, celebramos ter desfrutado da súa arte…

O vallisoletano Germán Ruiz, terceiro e último finalistas do Concurso Runas 2021 dos novos valores da música celta

Xul 30, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o terceiro e último dos grupos finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio dos…

Os galegos Trikitrí, segundos finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 29, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o segundo dos tres finalistas de 2021 que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.   Tras o anuncio onte do primeiro…

Os estremeños Groovy Celtic Band, primeiros finalistas do Concurso Runas 2021

Xul 28, 2021

Finalizado o prazo de votación, dáse a coñecer o primeiro dos tres finalistas que actuarán en 2022 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.    Groovy Celtic Band é unha banda de seis…

Aberta a votación online para elixir aos 3 grupos finalistas do concurso Runas de novos valores da música celta

Xul 05, 2021

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes para o Proxecto Runas 2021, recibiuse a participación de 24 bandas de 11 comunidades autónomas, entre as cales destaca, ademais de Galicia, con nove grupos noveis…