Os carteis que ao longo dos anos teñen promocionado o Festival de Ortigueira son unha mostra máis da lonxevidade dun certame máis que consolidado. Moitos foron os autores destas pezas de coleccionista. Artistas locais, figuras de renome no eido do deseño, ou persoas descoñecidas que se erixiron como vencedoras naquelas edicións nas que un concurso determinou o traballo seleccionado. Desde este espazo podes facer un repaso a través de todos eles e descargalos en alta resolución.