Header Image

Oysterband

Ortigueira salda unha débeda pendente cos seguidores de Oysterband. O mítico grupo británico, xurdido en Canterbury alá polo ano 1978, estréase no Festival como prato forte da velada folk rock, que propiciará o seu reencontro sobre as táboas con Celtas Curtos.

 

A formación foi pioneira á hora de mesturar os sons enraizados na música tradicional do seu país co rock e o máis co pop, un cóctel que incorpora letras combativas e melodías incriblemente pegadizas.

 

A súa extensa traxectoria, condensada en 12 álbumes de estudo e actuacións en 35 países, reflicte o permanente esforzo deste sexteto no que todos cantan por divertirse e por divertir. Un estilo singular e a súa impresionante pericia instrumental convérteno nun dos conxuntos máis brillantes do panorama internacional.

 

O último dos de John Jones (acordeón e voz principal), ” The Oxford girl & other stories”, foi publicado en 2008 e constitúe unha revisión dos temas máis destacados das súas tres décadas de historia. Directo demoledor.

Anos participación
Festival:
  • 2010