Unha representación da bagad máis importante do mundo abrirá a sesión de macroconcertos do sábado. Con medio século de vida, esta banda, composta por corenta músicos –divididos en tres grupos ou “pupitres” seguindo a denominación que eles lle dan: gaitas, bombardas e percusión- é herdeira do rico patrimonio musical das terras bretonas.
A base do seu repertorio son marchas, bailes e melodías da rexión. Pero tamén compón, aranxa pezas doutros estilos e introduce instrumentos. Por iso reivindica para a súa música o calificativo de “actual”, máis aló do tradicional e celta.
Bagad Kemper visitou os escenarios de medio mundo e ten colaborado con diversas figuras do folc. Sen ir máis lonxe, no seu sexto e último álbum, Sud ar su, participa a gaiteira Susana Seivane.
- Máis Información: Web oficial de Bagad Kemper
Anos participación
Festival:
- 2005
- 2007