Header Image

Gatos del Fornu

Os asturianos Gatos do Fornu preséntanse ao Proxecto Runas en 2004 e saen gañadores do certame, o que lle outorga o dereito a actuar no escenario principal en 2005.

Son un colectivo xurdido da confluencia de grupos culturais e procedentes do conservatorio ovetense. O seu obxectivo, recoller e divulgar a música tradicional asturiana con instrumentos propios da súa terra. Unha sorte de “bandina”, das que animan festas e romarías, que foi evolucionando e ampliando o seu repertorio con pezas de composición propia.

Gañadores do Runas 2004. Perseguen divulgar a música tradicional de Asturias, con que con eles un pedazo desta nación celta se asoma ao Escenario Estrella.

A formación é un colectivo xurdido da confluencia de diversos grupos culturais e de músicos do Conservatorio de Oviedo que intentaban revivir o fenómeno das “bandinas” ou formacións máis ou menos espontáneas que animaban as festas e romarías asturianas e que evolucionou ata converterse nunha agrupación folc cunha música máis elaborada e persoal.

A banda xurdiu en 1996 e ten xa dous discos no mercado –Gatos del fornu e Xeneración Folk

-, nos que mesturan á perfección modernidade e respecto ao tradicional, ás raíces.

Anos participación
Festival:
  • 2004
  • 2005