Un ano máis, a banda de gaitas protagonista do Festival, fundada en 1975, sendo precursora do posterior movemento gaiteril, sobe ao escenario principal con medio cento de músicos, entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, para presentar un repertorio puramente tradicional de música e baile galego.
Dirixida por Rodrigo López, constitúe unha auténtica institución no municipio, sendo a fundadora do Festival e a referencia no cartel, mantendo viva a reivindicación do papel da gaita galega na nosa cultura.
Xullo 15 @ 23:00
23:00 — 00:00 (1h)
Escenario Estrella Galicia