Header Image

Daniel Bellón & Diego Maceiras + Álex Blanco

O público e os galardóns aválanos.Os gañadores do Certame Runas’06 quentarán ao persoal na noite grande do Festival de 2007. Este dúo de gaita galega e de acordeón asomaranse o sábado á Alameda ortegana en compañía dun amigo, como eles tamén fenés, o guitarra Álex Blanco.

Tras dous anos de andadura, contan xa cun primeiro traballo discográfico, que reinterpreta melodías doutras culturas e aporta temas de seu. Unión das terras, que así se chama, cristaliza o proxecto e é o froito do seu trunfo no concurso folque de Radio Obradoiro.

Novos, aínda que sobradamente preparados- o maior conta só 23 anos- poden presumir de curriculum. De feito, Bellón é quizais o gaiteiro máis premiado da historia de Galicia. O dúo está en racha. Forma parte do circuito musical 4×4, promovido pola Consellería de Cultura, e despois de pasar por Ortigueira repetirán en agosto na outra cita por excelencia do folk europeo, o Intercéltico de Lorient.

O gañador do último Certame Folk de Radio Obradorio, Dani Bellón & Diego Maceiras convértese en trío para debutar no Runas, invitando para a ocasión a outro novísimo músico tamén fenés, Álex Blanco. Tres currículos impresionantes, sobre todo o de Belló

Anos participación
Festival:
  • 2007
Runas:
  • 2006