Header Image

Sog

Ganadores do Proxecto Runas’08, os leoneses levan tras de sí doce anos de intenso traballo, con centos de concertos e dous discos editados cunha notable acollida nos circuitos folk: Trisca e 0505, lanzado ao mercado en 2007.

Se presentan no Escenario Estrella Galicia cunha formación anovada, integrada por nove músicos, chegados de estilos diferentes. O seu repertorio combina composicións propias, inspiradas nos folklores celta e balcánico e cancións tradicionais de León, Asturias, Galicia, Irlanda… todo cabe. En definitiva, o “estilo sogano”- orixinal e festivo- baséase na fusión de músicas de diferentes procedencias e culturas. Preparan xa en un nuevo traballo discográfico.

Para a ocasión contarán con convidados como as pandereteiras do grupo Gritsanda, o batería Benjamin Wellenbeck, a cantante Sinead Connolly e máis o saxofonista Ernesto García.

Procedencia: Castilla y León, ano 1997

Integrantes: Moisés Arnáiz, charango; Pablo Pino, guitarra; Sergio García, percusión; Sofía Miguélez, acordeón; Damián Posse, contrabaixo; Tomás García, gaita e whistle; J

Anos participación
Festival:
  • 2009
Runas:
  • 2008