Con máis de 20 anos de traxectoria, Anxo Lorenzo é un dos gaiteiros máis prolíficos da escena galega. Conta con tres álbums de estudio, Tirán (2009), Confuxon (2014) e Vortex (2018), ademais de diversas colaboracións con músicos como Kathryn Tickell, Carlos Núñez, Lúnasa, The Chieftains, Fred Morrison, Michael McGoldrick, Alisdair Fraser, ou Celtas Cortos.
Virtuoso da gaita, consegue premios como ‘Mellor Artista’ de Galicia na XVIII Gala de los Premios Opinión Da Música de Raíz, o galardón do XX Folkherbst Festival ou o Macallan do Festival Intercéltico de Lorient, entre outros.
Dende hai 15 anos mantén un proxecto con Eoghan Neff chamado Eghanxo. Eoghan (alcumado ”violinista extremo” por Folk World) é experto en looping en directo con base nas melodías tradicionais irlandesas. Ao igual que Anxo, busca experimentar, crear novos matices e expandir os horizontes do folk fusionando estilos e improvisando nos seus concertos.
Anos participación
Festival:
- 2010
- 2014
- 2019
- 2023