Header Image

The Urban Folk Quartet

A XXVII edición do certame  folk, tamén suporá a estrea en Ortigueira dos británicos The Urban Folk Quartet, un grupo relativamente novo no que milita unha vella coñecida do Festival Celta: a violinista e vocalista ourensana Paloma Trigas, antiga colaboradora da banda de Carlos Núñez. 

Virtuosismo, non  só instrumental se non no concepto musical, UFQ  é a unión de catro dos músicos máis inspirados e experimentados do panorama folk internacional. O seu primeiro álbum, que leva o nome do grupo, inclúe música tradicional con arranxos orixinais e composicións propias.

Unha ducia de instrumentos, cutro voces e influencias variadas converxen nun espectáculo de auténtica fusión. A banda deuse a coñecer no Festival folk de Plasencia nun concurso de grupos emerxentes que segue o  espíritu do  Proxecto Runas de Ortigueira.

Anos participación
Festival:
  • 2011