Header Image

Crema de gaita

Frescura e entrega. A banda que lidera Ernesto Campos garante diversión na súa volta, con algún reaxuste, ao Festival Ortigueira, onde debutou en 2007 dentro do Proxecto Runas. Cun estilo marcadamente propio, os creadores de “Tan… galego”  repasarán no Escenario Estrella Galicia os temas clásicos do seu primeiro disco e ofrecerán un avance do novo, que a banda prevé lanzar ao mercado o próximo ano.  

O grupo aposta pola fusión con outras culturas, algunhas non precisamente celtas. De feito, adiantan que no concerto soarán temas en forma de salsa e combinacións suxestivas con músicas do Leste. Entre elas, unha variación da muñeira de Pontesampaio ao estilo búlgaro. Promete.

Anos participación
Festival:
  • 2012
Runas:
  • 2007