Quinteto coruñés que dende o ano 1999 foi gañando aos poucos presencia nos escenarios e circuítos do folk galego. Debuta en Ortigueira coa súa particular mestura os instrumentos galegos, gaita, pandereta con outros modernos como a batería e o baixo eléctrico e ritmos tan diversos como o rock, o jazz…
A estética musical do grupo ten sempre como referente a música tradicional e popular de Galicia, sen que isto queira dicir que deixen de lado outras fontes como poden ser a música tradicional irlandesa, escocesa (polo norte) e a portuguesa (polo sur). Fusión de estilos e ideas que se deixan sentir con claridade no seu novo álbum “Nena do mare”, de recente publicacióm, no que as composicións propias cobran protagonismo.
Anos participación
Festival:
- 2013