Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, pero con formulas interpretativas actuais.
Acompañando a Begoña, en Riobó atopamos a catro recoñecidos músicos que atesouran unha sólida traxectoria como Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (frautas e requinta).
Anos participación
Festival:
- 2013
Runas:
- 2009