Header Image

LE VENT DU NORD

CANADA

Le Vend du Nord é un proxecto de folk progresivo francófono creado por cinco amigos no 2002 en Quebec.

No seu repertorio, cheo de cancións de gran ritmo e musicalidade, contan con pezas traídas de fontes tradicionais e composicións propias. A súa grande flexibilidade lévannos a facer colaboracións con artistas de renome como Julie Fowlis, Harry Manx, ou The Chieftains, entre outros, có que acadan diversos sons que enriquecen o seu repertorio.

Os seus concertos alegres e intensos, segundo Voir Montreal, “avergoñan a todos detractores do folk tradicional”, e a súa música failles conseguir o Premio Félix ao Álbum Tradicional do Ano de ADISQ en 2022.

Anos participación
Festival:
  • 2023