Anovador e arriscado. O Festival Ortigueira estrea en España o espectáculo “Fest Rock”, unha mestura explosiva de música tradicional bretoa e rock, resultado do traballo conxunto desenvolvido pola célebre Bagad Kemper, 21 veces campioa dos concursos nacionais de Bagadú, e o grupo roqueiro Red Cardell.
Máis de corenta músicos no escenario protagonizan esta experiencia, que ten sido todo un éxito na Bretaña, e na que as melodías e instrumentos tradicionais como as bombardas ou as gaitas se fusionan cos máis “modernos” (guitarra eléctrica, batería…) para crear un espectáculo autenticamente único.
- Máis Información: Páxina web oficial
Anos participación
Festival:
- 2014