Header Image

Andrés Penabad

Comezou os seus estudos aos 14 anos co profesor Javier Díaz Carrasco. No conservatorio de Música de Getafe recibirá clases con Javier Ramos e co catedrático de acordeón de San Petesburgo Oleg Sharov, así como dos concertistas Iñaqui Dieguez e Ángel Luis Castaño, ademais de cursar na Escola de Música Moderna Estudo (Compostela).Colaborou na gravación do disco Xan e Sabela co grupo Folk Avelaíña (Pontevedra), no audio-libro de poemas da escritora Gabriela Rodríguez (Betanzos) ademais de gravar e producir o disco 8 soños do grupo Muxarega (As Pontes). Tamén hai que destacar colaboracións con Kepa Junkera, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Susana Seivane ou Luar na Lubre entre outros.

En 2014 presenta o seu primeiro disco en solitario “Crossing” que o convirte no primeiro acordeonista galego en gravar un disco en solitario. Neste disco rodéase de grandes amigos. Xente como Kepa Junkera, Bieito Romero, Fernando Barroso, Edelmiro Fernández, Davide Salvado, Pedro Fariñas colaboran nel. Pisa grandes escenarios como a Praza da Quintana, Festival do Mundo Celta en Ortigueira, o Festival Folk de A Fraga en As Pontes, a Carballeira de Zas, Getxo Folk, o Burgos Raíz e Evolución, no Celtic Connections en Glasgow así como en Francia e Portugal.

Tras o éxito acadado con Crossing, lanza en 2016 “Bipolar” o segundo álbum de estudio no que se pode encontrar un Andrés mais maduro froito de eses dous anos intensos de xira promocionando o seu primeiro disco e no que xa conta cunha banda estable, o que lle fai ter un son mais fresco e potente no que o seu acordeón é o protagonista acompañado por un elenco de músicos de gran talento que o acompañan en todos os seus concertos.

Anos participación
Festival:
  • 2015
  • 2019