Header Image

GREEN LADS

Bretaña

Na encrucillada entre os códigos da música celta irlandesa e a modernidade dos ritmos electrónicos atópanse os Green Lads, un grupo fundado en 2018 por dous “fellas” que tocaban o violín en sesións irlandesas en Rennes.

Cos seus característicos traxes verdes, o grupo mestura composicións electrónicas con melodías tradicionais irlandesas, creando unha fusión de positividade e enerxía.

Os bretóns fixeron bailar a todo aquel que se atoparon desde as prazas das vilas ata os grandes escenarios e salas francesas coa súa vibrante posta en escena chea de luz e son.

Anos participación
Festival:
  • 2024