Header Image

XOSÉ LIZ

GALICIA

Xosé Liz (Vigo, 1972) é hoxe en día un dos grandes mestres da corda pulsada na península ibérica. Músico multiinstrumentista, compositor, intérprete, arranxista e docente de recoñecido prestixio nacional e internacional no circuíto do folk e da Celtic Music.

Despois de ter participado en bandas como Riobó, Lizgairo, Entretrastes, Beladona e de acompañar a artistas como Rodrigo Romaní, Uxía ou Pancho Álvarez, decide lanzar a súa carreira en solitario cun novo proxecto musical: Indala. O bouzouki eléctrico será o instrumento solista que levará da man un repertorio elaborado e disposto a entrar nos mellores escenarios.

En solitario, Xosé Liz grava “El cantar de los flautares / O Cantar dos Frautares”, que reflicte a súa mestría nas frautas de madeira interpretando melodías tradicionais de Galicia, Portugal, Escocia, Bretaña e Irlanda. Conta con colaboracións en máis de 40 discos, traballando con artistas de renome no eido do folk e da música celta: Susana Seivane, Rodrigo Romaní, Cristina Pato, Sondeseu, Riobó, formación coa que participou no Concurso Runas no 2009 e no Festival no 2013.

Anos participación
Festival:
  • 2025