Header Image

Red Hot Chilli Pipers

Os Red Hot Chilli Pipers darán o seu primeiro concerto en terras galegas. Tras innumerables concertos e xiras ao redor do mundo o grupo escocés encherá o escenario principal coa súa fusión de rock e música tradicional escocesa nun espectáculo que xa é considerado como un fenómeno mundial. A banda trae o seu denominado “bagrock”, e veñen dispostos a facer vibrar ao público de Ortigueira coa súa proposta.

Xullo 16 @ 01:30
01:30 — 02:30 (1h)

Escenario Estrella Galicia