Header Image

Michael McGoldrick band

O frautista máis ilustre do folk irlandés volve a Ortigueira. Michael Mcgoldrick asomarase co seu troupe ao Escenario Estrela Galicia para presentar Wired, o álbum máis recente da súa banda. Nesta formación, como sempre, rodéase de primeiras figuras da órbita celta. E así, o grupo suma ao violinista Dezi Donelly, membros da extinta Flook como Ed Boyd (guitarra) e John Joe Kelly (bodhran); ao líder de Capercaillie, Donald Shaw (teclados) e ao seu baixo, Ewen Shaw; e a James Mackintosh, batería de Shooglenifty.

 

O innovador Mcgoldrick- frautista, gaiteiro e compositor- embarcouse desde ben novo en incontables e frutíferas aventuras musicais. Fundou, aínda sendo estudante, Toss the feathers, o grupo máis influente de rock celta de Manchester.

 

Despois chegaría a experiencia en bandas de referencia como Flook e Lunasa e, a finais dos noventa, a súa incorporación a Capercaillie, na que segue militando.

 

Na última década multiplicou as súas colaboracións en variados proxectos musicais e creou a súa propia banda, coa que xa editou tres traballos, o máis rompedor foi Fused. A estas alturas, é mundialmente recoñecido polo seu virtuosismo musical e a súa xenialidade á hora de fusionar música tradicional con trance ou jazz.

Anos participación
Festival:
  • 2009
  • 2017