O cuarteto lisboeta define o seu estilo como unha mestura de sons e composicións lusas e instrumentos e elementos doutros universos musicais. Fusión sen fronteiras cantada en portugués. Debutaron en Ortigueira co seu segundo disco. Un traballo que supuxo o seu salto do puramente celta ao chamado world music.
