Algaire nace en 2019 co desexo de darlle un aire novo á música asturiana partindo sempre da súa tradición. O seu repertorio mestura sons tradicionais e contemporáneos, ao igual que recolle pezas de sempre e temas propios, para achegar este tipo de música a públicos que non están familiarizados con ela.
No seu disco Coral y Marea (2022), apoiado por 171 micro mecenas, colaboran con Xabier Díaz, José Manuel Tejedor, Guadi Galego e David Varela, entre outros grandes nomes da música folk.
Tras este lanzamento, conseguen varios premios, entre os cales destacan o AMAS ao mellor disco folk no 2023 e o Premio Camaretá al Meyor Cantar en asturiano no mesmo ano.
Anos participación
Festival:
- 2023