Faíscas da Pontraga fundouse en xullo do ano 2002, tras a xuntanza de catro amigos para participaren nun concurso de cuartetos tradicionais. Esta primeira reunión deveu noutras e permitiu a incorporación de novos integrantes e instrumentos até constituírmonos na murga tradicional que hoxe son.
Ademais da presentación oficial ante a súa xente, teñen realizado varias presentacións e concertos pola península (Euskadi, Burgos, Bierzo, Salamanca, Valladolid…), por Europa (Italia, Portugal, Suíza…) e en abril do 2017 cruzaron o Atlántico para facer unha xira polo Río da Prata, con varios concertos por Arxentina (Bos Aires e Mar del Plata) e Uruguai (Maldonado e Montevideo).
En decembro de 2015 gravaron o noso primeiro traballo discográfico chamado “VELAÍ VÉN!”, que saíu á luz en abril de 2016 e que presentaron oficialmente o 25 de xuño do mesmo ano. Este disco gravouse co pretexto de seguir divulgando a cultura tradicional e sobre todo deixar constancia do seu traballo nun soporte que asegure a súa supervivencia co paso do tempo.
Aínda que son un grupo que fai música de corte tradicional, con gusto pola investigación e recuperación de temas populares recollidos a través da trasmisión oral, que despois expoñen en concerto cunha presencia principalmente instrumental e vocal, aderezan os seus directos cunha pequena mostra de baile tradicional. Son xa máis de 600 concertos nos seus 16 años de camiño, recuperando e mantendo sons e melodías que nos transportan no tempo, que non no espazo, pois a súa raíz é inconfundible.
Anos participación
Festival:
- 2022
Runas:
- 2020