Header Image

Bellón Maceiras Quinteto

Fusión entre novo folk e músicas do mundo. Bellón Maceiras Quinteto nace como unha evolución natural de Bellón Maceiras Dúo, gañadores en colaboración con Álex Blanco del Proyecto Runas 2006. Nesta nova formación- a gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón- ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. 

Se a fusión é o sinal de identidade de BM5, é a contribución musical de cada compoñente a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, libres de rixideces estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza. 

No seu único álbum (“Folkfusión”, 2010) a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muñeira, blues, habaneira, jazz, samba, valse francés…

Anos participación
Festival:
  • 2014