O grupo, gañador do Concurso Runas 2016, interpreta tanto temas propios como tradicionais, enriquecidos con influencias do folk atlántico e novas sonoridades. Cunha traxectoria de máis de vinte anos, Böj continúa a súa exploración das músicas tradicionais cunha perspectiva fresca, actual e sen fronteiras. No seu novo traballo Hora Zulú, lanzado o pasado mes de maio, propoñen unha viaxe sonora que conecta Galicia co norte de Europa e os ritmos africanos, mantendo sempre o Atlántico como eixe.
A banda, composta por Ricardo Mouriño, Fausto Escrigas, Rubén Gómez, Pablo Vergara e Cibrán Seixo, con Alfonso Esky como técnico de son, incorpora influencias de xéneros como o reggae, jazz e pop-rock, o que lle dá unha identidade musical rica, versátil e chea de personalidade.
Anos participación
Festival:
- 2016
- 2017
- 2024
Runas:
- 2016