BREO é un grupo de folk galego nacido a finais de 2022, que mestura a música tradicional e a cultura inmaterial de Galicia con sons contemporáneos, creando unha proposta musical fresca e de raíz. Cunha posta en escena potente e coidada, o grupo aposta pola continuidade viva da tradición a través da emoción e a innovación.
Publican o seu primeiro sinxelo, “Nao Senlleira”, en febreiro de 2023, ao que seguen “Alumea-lo pan” (instrumental) e “Canto Raibas”, con colaboración de Sabu l’Aviseu. En 2024 lanzan o seu primeiro álbum, “Máis alá”, unha viaxe sonora entre composicións propias e temas tradicionais galegos e atlánticos, que homenaxea o mundo máxico da cultura galega e ás xeracións que o fixeron perdurar.
BREO ten participado en festivais como o Folk de Sisalde, Magosto de Balboa, Feito a Man ou o St. Patrick’s (A Coruña), consolidándose como unha das novas propostas con máis proxección da escena folk actual.
Anos participación
Festival:
- 2025