Header Image

DALLAHAN

ESCOCIA

Por primeira vez en Ortigueira, Dallahan preséntase como unha das bandas máis innovadoras do folk actual. Cunha sonoridade enlazada coas tradicións de Escocia e Irlanda, pero aberta ás influencias dos Balcáns, América do Norte ou mesmo Asia, o grupo ofrece un directo cheo de virtuosismo.

Desde o seu debut en 2014, levan percorrido máis de 25 países e actuado en festivais internacionais de referencia. Con catro discos publicados, o último, Speak of the Devil (2023), foron recoñecidos polo público como unha das formacións clave da nova xeración folk.

A súa mestura de instrumentos, banxo, mandolina, acordeón, violíns, guitarra e voz, e a súa capacidade para emocionar e sorprender fan de cada concerto unha experiencia intensa e imprevisible. Dallahan chega a Ortigueira para deixar pegada.

Anos participación
Festival:
  • 2025