Header Image

DARACH

GALICIA - ESCOCIA

O dúo galego-escocés Darach, formado por Roo Geddes (violín) e Hugo Franco (guitarra), funde as tradicións musicais de Galicia e Escocia cunha sonoridade contemporánea, íntima e profundamente emotiva. A súa música, que bebe do folk, o jazz e a clásica, ofrece un diálogo entre melodías ancestrais e creacións orixinais, cheo de sutilezas e emoción.

Roo Geddes, violinista escocés recoñecido internacionalmente, combina formación clásica no Royal Conservatoire of Scotland cunha traxectoria no jazz e nas músicas de raíz. É finalista do BBC Young Traditional Musician of the Year e gañador do Danny Kyle Award en Celtic Connections. Hugo Franco, guitarrista e produtor vigués, destaca pola súa versatilidade como multiinstrumentista e pola capacidade de integrar tradición, groove e vangarda nun son único. Xuntos, presentan en Ortigueira o seu primeiro traballo discográfico, unha viaxe sonora entre dous países e moitas paisaxes emocionais.

DOSSIER – DARACH

Anos participación
Festival:
  • 2025
Runas:
  • 2025