Comezou no mundo da gaita “por casualidade”, despois de probar outros instrumentos como o piano ou actividades como a vela. Dende aquela, David seguiu vinculado a este instrumento, chegando a titularse como Profesional en gaita galega e conseguindo o Título superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega con Matrícula de Honra.
No seu espectáculo De Gaitas Posíbeis, xunto con Iván Abal á zanfona, e Ramón Dopico á percusión, resume o seu labor de transmisión dando un paseo dende as gaitas do século XI ata músicas vangardistas e experimentais.
Actualmente, David está vinculado á ensinanza, como profesor de diversos conservatorios do país (actualmente no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro), e tamén por internet, onde dá leccións de gaita e toca pezas históricas e modernas xunto coa súa partitura, ademais de outros cursos, seminarios e relatorios.
Anos participación
Festival:
- 2023