Header Image

ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA

Galicia

Dende 2014, a agrupación organiza a sesión inaugural e o desfile de bandas do Festival, un acto que enche de música e tradición as rúas da vila. Como cada ano, tamén participa na sesión de concertos do venres, mantendo o vínculo co espírito fundacional do evento, iniciado en tempos de Xavier Garrote.

Fundada en 1975, é a banda de gaitas pioneira do movemento gaiteril moderno. Cunha trintena de músicos entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, presenta un repertorio tradicional de música e danza galega.

Dirixida por Rodrigo López, é unha institución cultural no municipio e símbolo da defensa da gaita galega como parte esencial da nosa identidade. Este ano, conmemora o seu 50 aniversario cunha programación especial que incluirá actuacións conxuntas con antigas xeracións de músicos.

 

 

Anos participación
Festival:
  • 2004
  • 2005
  • 2006
  • 2007
  • 2008
  • 2009
  • 2010
  • 2011
  • 2012
  • 2013
  • 2016
  • 2017
  • 2018
  • 2019
  • 2022
  • 2023
  • 2024
  • 2025