María SOA (voz, percusión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) conforman o dúo Fillas de Cassandra.
O dúo fai unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais a través de ritmos influenciados polo pop, a electrónica e a música clásica. A eles súmaselles a creación de novas líricas inspiradas no canto de tradición oral.
O piano e as diferentes percusións son apoiadas por bases electrónicas que crean unha atmosfera que convive coas súas letras e coidadas harmonías vocais.
Desde unha ollada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado, logrando conectar cun público interxeneracional.
Fillas de Cassandra conságrase como a promesa da música galega grazas a súa calidade artística e a súa poderosa presenza escénica.
Anos participación
Festival:
- 2024