Header Image

GERMÁN RUIZ

Valladolid

En 2006 Germán Ruiz aprendeu a escoitar e decidiu dedicar a súa vida á música. Desde entón non parou de aprender, de tocar e de ensinar. Foi formado por algúns dos mellores gaiteiros de Galicia, como por exemplo Anxo Lorenzo, paralelamente á súa formación en Galicia realizou no conservatorio de Valladolid o grao profesional en frauta de pico. Durante 10 anos foi director da banda de gaitas Nivaria e da banda de gaitas de Salamanca.

En 2020 creou a Escola Internacional de gaita, que se converteu na escola de gaitas máis grande do mundo ao tratarse dunha escola 100% en liña da que forman parte máis de 250 alumnos de 19 países diferentes.

En 2021 publicou o seu primeiro traballo discográfico en solitario denominado “Presente” o cal presentará no Festival de Ortigueira xunto a Jesús Enrique Cadrado (guitarra acústica), Yonder Rodríguez (percusións) e Pablo Cano (técnico en espectáculo acústico, guitarra eléctrica, lap-steel e programacións en espectáculo completo).

Dossier

Anos participación
Festival:
  • 2022
Runas:
  • 2021