Embaixadores da cultura e, en xeral, da causa corsa. I Muvrini, cos irmáns Jean François e Alain Bernardini á fronte, representan para moitos un modelo no que respecta á busca permanente da estética e a identidade.
O seu marcado estilo persoal, forxado ao longo dunha carreira de trinta anos nos que publicaron catorce álbumes, plásmase nas súas composicións que mesturan textos recitados sobre fondo musical e, sobre todo, as ricas polifonías da tradición musical de Córcega, anovadas cos sons máis actuais.
O grupo, co que teñen gravado artistas como Sting ou a galega Luz, trouxo a Ortigueira os temas do seu último álbum Umani
e un avance do seu novo traballo. Serenidade e voces de luxo do Mediterráneo na noite do domingo.
NULL
- Máis Información: Web oficial de I Muvrini
Anos participación
Festival:
- 2005