Header Image

La Bottine Souriante

CANADÁ

Con máis de 45 anos de traxectoria, La Bottine Souriante chega desde Quebec cun espectáculo que mestura música tradicional con influencias. Dende a súa fundación en 1976, o grupo evolucionou sen perder as súas raíces, renovando o seu son. Fieis á súa herdanza cultural, non renuncian a incorporar influencias doutras músicas dende a sensualidade da salsa ao swing jazzeiro de Nova York.

Ao longo da súa carreira, La Bottine Souriante publicou 13 discos orixinais, catro deles de ouro e tres de platino, vendendo máis de 750.000 copias. O seu traballo foi recoñecido con numerosos premios, entre eles varios Juno, Félix e o prestixioso BBC Award. En 2023 lanzaron un novo álbum, celebrando os seus 47 anos de traxectoria.

Anos participación
Festival:
  • 2001
  • 2004
  • 2009
  • 2025