Header Image

Malvela

Un curso de cantos populares impartido por Uxía ás súas veciñas da aldea de Sanguiñeda obrou o milagre. E así, sen pensalo, esta iniciativa destinada a ensinar a cantar e tocar a pandeireta ás mulleres rurais de Mos con ánimo festivo, deixou o ámbito doméstico e puxo os alicerces dun proxecto musical hoxe asentado. Reforzado de instrumentación, este grupo interxeracional, realizou en pouco tempo decenas de concertos en Galicia e fóra das nosas fronteiras.

As dezaseis cantareiras – a maior, con 82 anos, é a Señora Carmen que acaba de publicar traballo en solitario- acompáñanse dun grupo de músicos que, co son da gaita, acordeón, percusión tradicional e cabaquiño, engaden cor aos cantos de sempre, que recupera a banda.

O seu repertorio, destinado a “rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria”, intégrano temas tradicionais de Galicia, do Norte de Portugal e, en menor medida, canción de autor. Malvela publicou xa, con éxito, tres álbums: Que o pano non me namora (2002), O aghinaldo ( 2004, temas de nadal) e Da miña xanela á túa. A súa proposta participativa abrirá o Festival.

Anos participación
Festival:
  • 2008