Header Image

Marful

Un dos proxectos máis orixinais e sorprendentes do panorama galego. O cuarteto, liderado pola vocalista e compositora Ugía Pedreira, estréase en Ortigueira, cando está a piques de sacar ao mercado novo traballo.

 

Se a través do seu álbum debut conseguía reabrir con éxito os salóns de baile dos anos corenta, no actual fixan a súa mirada no cinema. Pasodobres, swings, mambos, valses, xotas forman parte do seu combo musical, que incorpora ritmos de todo o mundo: Brasil, Cuba, Italia…

 

O aumento das composicións propias e da variedade instrumental, froito da versatilidade dos irmáns Pedro e Pablo Pascual e do guitarrista Marcos Teira marcan a nova entrega dos artífices do celebrado “Salón de baile”. Un inicio de auténtico luxo para o venres.

Anos participación
Festival:
  • 2010