Header Image

Milladoiro

GALICIA

Seguramente Milladoiro sexa un dos grupos de folk celta máis antigo do noso país. 45 anos de historia e unha longa tarefa de reivindicación e recuperación da música tradicional galega os avalan, levando a nosa música máis tradicional máis alá das nosas fronteiras.

Milladoiro ten demostrado nestes anos a súa versatilidade, non só en colaboracións con outros grupos ou traballos, senón tamén como banda sonora da película de Manuel Gutiérrez Aragón «La mitad del cielo», pola que gañaron o Goya en 1986 á mellor B.S.O.

O seu último disco “Cantigas de amigos” publicouse no 2022 e inclúe unha recopilación das súas colaboracións máis destacadas ao longo da súa traxectoria; celebra máis de catro décadas sobre os escenarios reunindo colaboracións con artistas como Ana Belén, Leilía, Faustino Santalices ou Kathy Mattea.

Anos participación
Festival:
  • 2007
  • 2014
  • 2016
  • 2018
  • 2025