Os Carecos é un grupo de pandeireteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao. Se ben levaban dende pequenos no mundo da música tradicional, comezan o grupo no 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante e darse conta de que as súas voces cadraban ben xuntas.
Os Carecos, sempre amantes da súa tradición, elixen un repertorio festeiro que anima a cantar e bailar con eles, e percorren toda Galicia e outros lugares de España para alegrar a todo aquel que queira escoitalos.
No 2016 deciden crear o Serán Careco Solidario xunto coa Asociación Cultural Libro Vivo de San Claudio, un serán no que participan artistas de renome como Leilía, Os da Porfía ou Xoldaina, con tanto éxito que teñen que escoller outro terreo maior pero sen renunciar a facer a festa no seu San Claudio, en Ortigueira. A recadación, ano tras ano, é destinada á loita contra o cancro, apoiando a asociacións como a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG ou AECC.
Anos participación
Festival:
- 2023