Header Image

PELEPAU

GALICIA

Pelepau nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 11 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego.

É un conxunto musical, orixinal do suroeste de Galiza, que ten como obxetivo adaptar as cantigas tradicionais e populares desta terra con voces e percusións varias. O seu primeiro disco, Fío e Agulla (2015), mestura música popular galega con ritmos doutras culturas ligadas á emigración galega, sempre cun toque de humor. En Na Beira, o seu traballo máis recente, continúan explorando novos arranxos sen perder a raíz tradicional.

A súa proposta intenta transmitir e conservar a cultura galega mediante un espectáculo interactivo, cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público, sendo ao mesmo tempo, un espectáculo versátil e diverso, xa que pode ofrecer tanto actuacións de escenario, pasarúas como obradoiros de percusión.

Dossier

Anos participación
Festival:
  • 2025
Runas:
  • 2022