En 1972 un grupo de residentes en Boghall deciden reunirse para crear unha banda de gaitas local. Escollen como líder a Bobby Allan, de Tropichen e Bathgate, como gaiteiro líder, e buscan a cativos que quixeran unirse no periódico local Courier.
Pronto se presentarían ao concurso de bandas de Peebles, quedando como campións do Grado 4 a pesar da súa curta experiencia, algo que sería unha constante en cada competición á que acudían.
Actualmente, a banda inclúe gaitas, tambores, bombo e outros instrumentos, co que seguen mantendo a súa condición de campións nas diversas competicións ás que se presentan, moitas delas títulos mundiais. Tamén están moi orgullosos de que a maioría da xente que entra continúa nela incluso durante 25 anos.
Anos participación
Festival:
- 2019
- 2023
- 2024