Header Image

PEOPLES FORD BOGHALL AND BATHGATE PIPE BAND

Escocia

En 1972, uns cantos veciños de Boghall en West Lothian decidiron tentar formar unha banda de gaitas. Puxeron un anuncio no diario local para persoas mozas que quixesen aprender gaita ou tambor, e un grupo principalmente de mozos empezaron practicar na escola de Bathgate.

Como outras tantas bandas novas, foi necesaria a colaboración de numerosos adultos e demais membros da comunidade para manter viva a banda nos seus primeiros anos.

En 1978, a banda orixinal gaña o seu primeiro premio nacional. Durante toda a década dos 80, a banda de tambores gañou premios estatais e Europeos en categorías absolutas.

Desde entón a banda segue crecendo e acumulando premios nacionais e internacionais tanto en percusión como en gaita.

Anos participación
Festival:
  • 2019
  • 2021